domingo, 21 de junio de 2009

Arrancan los tractores

Diputadas socialistas a las que nunca se escuchó en la etapa del gobierno bipartito reclamar mejoras para Lugo, piden ahora actuaciones urgentes en la Muralla, compromisos de la Xunta para investigación arqueológica y urgencia a las obras del museo de la romanización. Estos días también reaparecen asociaciones vecinales con exigencias y amenazas de movilizaciones para pedir que se agilicen las obras del nuevo hospital.

Mientras, el Alcalde de Lugo dice estar muy preocupado por la situación de los trabajadores de Leche Pascual y le pide a la Xunta soluciones inmediatas, y otros como el sindicato Labrego Galego protagonizan hoy una tractorada en protesta por la situación que viven desde hace años los ganaderos gallegos.

¿Qué les parece? Tuvo que cambiar el gobierno gallego y gobernar el Partido Popular para que arranquen los tractores y se vayan de manifestación, para que se exija a quien no lleva ni cien días de acción de gobierno soluciones para los problemas que dos partidos juntos fueron incapaces tan siquiera de imaginar durante su desgobierno de casi mil quinientos días. 100 frente a 1.500 días.

¿Dónde estaban las protestas cuando las obras del hospital de Lugo estuvieron paradas y las empresas se marchaban porque la administración gallega no les pagaba o ni tan siquiera les certificaba las obras realizadas? ¿Dónde estaban cuando venía el entonces Presidente Touriño a fotografiarse con el casco visitando unas obras para ocultar el verdadero problema, que no había obra? ¿Por qué no se exigía entonces seriedad, rigor y cumplimiento de los plazos en lugar de retrasos de más de 400 días?

Feijóo vino a Lugo sin haber cumplido 50 días de acción de gobierno y dijo que la Galicia interior era prioritaria. Dijo que, de los compromisos pendientes con Lugo, el hospital era para él la mayor prioridad, pero también dijo que para acabarlo necesitaba del orden de 50 millones de euros (8.319.300.000 de ptas.), millones que el anterior gobierno fue incapaz de presupuestar, en Román paladino, que no existían ya que pensaban financiar la compra de todo el mobiliario, aparatos, etc. por el sistema de renting porque, como paga Juan Pueblo, qué más da si salía carísimo.

Los que durante 4 años callaron ya tienen sus particulares tractores encendidos y que no se engañe nadie, no los encienden para trabajar y arar en el buen camino, no. Lo hacen para hacer ruido y cuanto más ruido mejor, porque así mucha gente acabará creyendo que ellos no tuvieron culpa de nada, que toda la responsabilidad la tienen los que hoy todavía no llevan ni cien días gobernando.

Feijóo vino a dar la cara, a decir la verdad y a pedirnos a todos colaboración, como mínimo en dejarle claras las prioridades de Lugo. Pero, a las pocas horas, nuestro Alcalde ya iba por libre y era portavoz de todas las ideologías, rechazaba el diálogo y escribía ágil y veloz al Presidente para contarle lo que pensamos los demás. Mal comienzo del Alcalde y de otros dirigentes hasta ahora mudos en sus reivindicaciones, y que ahora descubren su amor reivindicativo por Lugo y ya amenazan con movilizar lo que no quisieron, no pudieron, o no les dejaron reivindicar.


____________________________________________________________________________


Arrincan os tractores

Deputadas socialistas ás que nunca se escoitou na etapa do goberno bipartito reclamar melloras para Lugo, piden agora actuacións urxentes na Muralla, compromisos da Xunta para investigación arqueolóxica e urxencia ás obras do museo da romanización. Estes días tamén reaparecen asociacións veciñais con esixencias e ameazas de mobilizacións para pedir que se axilicen as obras do novo hospital.

Mentres, o Alcalde de Lugo di estar moi preocupado pola situación dos traballadores de Leite Pascual e pídelle á Xunta solucións inmediatas, e outros como o sindicato Labrego Galego protagonizan unha tractorada en protesta pola situación que viven desde hai anos os gandeiros galegos.

Que lles parece? Tivo que cambiar o goberno galego e gobernar o Partido Popular para que arrinquen os tractores e vaian de manifestación, para que se esixa a quen non leva nin cen días de acción de goberno soluciones para os problemas que dous partidos xuntos foron incapaces tan sequera de imaxinar durante o seu desgoberno de case mil cincocentos días. 100 fronte a 1.500 días.

Onde estaban as protestas cando as obras do hospital de Lugo estiveron paradas e as empresas marchaban porque a administración galega non lles pagaba ou nin tan sequera certificabal as obras realizadas? Onde estaban cando viña o entón Presidente Touriño a fotografarse co casco visitando unhas obras para ocultar o verdadeiro problema, que non había obra? Por que non se esixía entón seriedade, rigor e cumprimento dos prazos en lugar de atrasos de máis de 400 días?

Feijóo veu a Lugo sen cumprir 50 días de acción de goberno e dixo que a Galicia interior era prioritaria. Dixo que, dos compromisos pendentes con Lugo, o hospital era para el a maior prioridade, pero tamén dixo que para acabalo necesitaba da orde de 50 millóns de euros (8.319.300.000 de ptas.), millóns que o anterior goberno foi incapaz de orzar, en Román paladino, que non existían xa que pensaban financiar a compra de todo o mobiliario, aparellos... polo sistema de renting porque, como paga Juan Pueblo, que máis dá se saía carísimo.

Os que durante 4 anos calaron xa teñen os seus particulares tractores acesos e que non se engane ninguén, non os acenden para traballar e arar no bo camiño, non. Fano para facer ruído e canto máis ruído mellor, porque así moita xente acabará crendo que eles non tiveron culpa de nada, que toda a responsabilidade téñena os que hoxe aínda non levan nin cen días gobernando.

Feijóo veu dar a cara, a dicir a verdade e a pedirnos a todos colaboración, como mínimo en deixarlle claras as prioridades de Lugo. Pero, ás poucas horas, o noso Alcalde xa ía por libre e era portavoz de todas as ideoloxías, rexeitaba o diálogo e escribía áxil e veloz ao Presidente para contarlle o que pensamos os demais. Mal comezo do Alcalde e doutros dirixentes ata agora mudos nas súas reivindicacións, e que agora descobren o seu amor reivindicativo por Lugo e xa ameazan con mobilizar o que non quixeron, non puideron, ou non lles deixaron reivindicar.

0 comentarios: