miércoles, 12 de enero de 2011

Adioses

Vivimos días de adioses, despedidas y regreso a la normalidad. Se acabaron los villancicos, los saludos de “feliz navidad” y “feliz año”. También los cavas, turrones y demás excesos calóricos se van terminando. Se apagaron las luces de los árboles navideños, y las figuras del Belén vuelven a sus cajas hasta el próximo diciembre.

De todos los adioses hay uno que celebro de manera especial, el adiós al humo. Por fin se podrá mantener una conversación, una lectura o un descanso en la mesa de un café sin tener que toser o soplar para alejar el humo del cigarro del vecino de mesa. Desde el más profundo respeto a la opción de fumador / no fumador, y sin  medias tintas porque los que me conocen desde hace tiempo ya saben cómo pienso sobre este asunto, tengo muy claro que era necesario dar este paso por el interés público y la salud general, algo que muchos países de nuestro entorno y algunos más lejanos ya habían hecho hace años.

En la guerra de intereses usuarios/hosteleros que nadie dude que todos saldremos beneficiados. Los bares, cafés y restaurantes no perderán clientes. Es una historia que guarda similitud con los miedos que en un no muy lejano Lugo, despertó la peatonalización de sus calles, que en ese entonces como vuestro alcalde propuse y ejecuté. A pesar de los temores y amenazas de aquel momento, unidos a los temores de ruina en sus negocios, los empresarios del comercio pronto vieron disiparse estos recelos y beneficiarse de la medida. También se había hecho en otros muchos sitios del mundo con similares resultados.

Que aquí la clientela no disminuya, no dependerá de la capacidad o posibilidad de echar humo dentro de un local. Estará mas directamente ligado a la capacidad de recuperación económica y por ello de reactivación del consumo en nuestro país.

Disipado el humo, cambio de tema, y es que entre tanto adiós alguien llega.

Tal cual se veía en aquella legendaria película titulada “Bienvenido Mister Marshall”, hace unos días el gobierno de España recibía a un ilustre visitante chino y al tiempo que nos contaban que les venderemos nuestro aceite de oliva y todos los jamones que podamos, nadie nos recordaba que tal autoridad pertenece al mismo gobierno que vulnera los más elementales derechos humanos o que regula las condiciones del mercado laboral de ese país. Todo un cuento chino en versión Almodóvar.

Una nueva medida de distracción para el personal. Mientras se hable del chino, de Cascos o de las rebajas, menos minutos de telediario para el paro, la posible intervención de nuestras cuentas o del número de empresas y autónomos que cada día cierran sus puertas para posiblemente no volver a abrir. Todo está bien medido y calculado.

Digo todo y digo bien, y si lo dudan pregúntenle a Rubalcaba.

 

Adeuses

Vivimos días de adeuses, despedidas e regreso á normalidade. Acabáronse as panxoliñas, os saúdos de "feliz Nadal" e "feliz ano". Tamén os cavas, turróns e demais excesos calóricos vanse terminando. Apagáronse as luces das árbores do Nadal, e as figuras do Belén volven ás súas caixas ata o próximo decembro.

De todos os adeuses hai un que celebro de xeito especial, o adeus ao fume. Por fin poderase manter unha conversación, unha lectura ou un descanso na mesa dun café sen ter que toser ou soprar para afastar o fume do cigarro do veciño de mesa. Desde o máis profundo respecto á opción de fumador / non fumador, e sen medias tintas porque os que me coñecen desde fai tempo xa saben como penso sobre este asunto, teño moi claro que era necesario dar este paso polo interese público e a saúde xeral, algo que moitos países da nosa contorna e algúns máis afastados xa fixeran fai anos.

Na guerra de intereses usuarios/hostaleiros que ninguén dubide que todos sairemos beneficiados. Os bares, cafés e restaurantes non perderán clientes. É unha historia que garda similitude cos medos que nun non moi afastado Lugo, espertou a peonalización das súas rúas, que nese entón como o voso alcalde propuxen e executei. A pesar dos temores e ameazas daquel momento, unidos aos temores de ruína nos seus negocios, os empresarios do comercio pronto viron disiparse estes receos e beneficiarse da medida. Tamén se fixo noutros moitos sitios do mundo con similares resultados.

Que aquí a clientela non diminúa, non dependerá da capacidade ou posibilidade de botar fume dentro dun local. Estará mais directamente ligado á capacidade de recuperación económica e por iso de reactivación do consumo no noso país.

Disipado o fume, cambio de tema, e é que entre tanto adeus alguén chega.

Tal cal se vía naquela lendaria película titulada "Benvido Míster Marshall", fai uns días o goberno de España recibía a un ilustre visitante chinés e á vez que nos contaban que lles venderemos o noso aceite de oliva e todos os xamóns que podamos, ninguén nos recordaba que tal autoridade pertence ao mesmo goberno que vulnera os máis elementais dereitos humanos ou que regula as condicións do mercado laboral dese país. Todo un conto chinés en versión Almodóvar.

Unha nova medida de distracción para o persoal. Mentres se fale do chinés, de Cascos ou das rebaixas, menos minutos de telexornal para o paro, a posible intervención das nosas contas ou do número de empresas e autónomos que cada día pechan as súas portas para posiblemente non volver abrir. Todo está ben medido e calculado.

Digo todo e digo ben, e se o dubidan pregúntenlle a Rubalcaba.

0 comentarios: