miércoles, 10 de mayo de 2023

Reflexionar más tiempo

Lo que ocurre en nuestra calle, en nuestro barrio, en nuestra ciudad, en nuestra provincia, en nuestra tierra o en nuestra nación siempre debería ser motivo de una reflexión diaria. No hacerlo conlleva el riesgo de olvidar aquellas cosas que nos decepcionan, enfadan y, en ocasiones contadas, nos satisfacen. Una dinámica en que el bombardeo de noticias y acontecimientos, unido a las estrategias de comunicación de algunos gobernantes, donde un escándalo tapa al siguiente, un disparate al otro… busca que resulte imposible realizar un ejercicio de memoria que abarque lo ocurrido durante un mandato de cuatro años.

Por ello lo recomendable es reflexionar con frecuencia sobre las cuestiones que nos agradan o decepcionan de las personas en las que en su día depositamos nuestra confianza para gobernar.

Mi particular reflexión abarca las conductas de los responsables políticos de aquellas formaciones que también concurren a las municipales en mi ciudad, en este caso mi partido, el Partido Popular, y el actual gobierno del PSOE y el BNG. Omito las siglas de aquellos a los que las previsiones no otorgan representación alguna.

Al margen de las simpatías personales que cada uno pueda sentir por los candidatos, no debemos olvidar a que formaciones pertenecen y cuáles son sus ideologías y actos. “Por sus frutos los conoceréis” nos dice el evangelio.

En Lugo sus frutos son mas bien escasos cuando no verdaderas chapuzas. Me vienen a mi particular reflexión las gestiones interminables e interminadas para poner en marcha un auditorio que costó más de 20 millones, las disputas internas para culpar al socio de gobierno del fracaso de un carril bici condenado a replantearse en muchos de sus tramos, la incapacidad de poner en funcionamiento instalaciones municipales vinculadas con la hostelería como la cafetería del Parque o la prevista en la vieja cárcel, el sainete de la temperatura de las Caldas incumpliendo normativas sanitarias, las obras de peatonalización poco estudiadas, ejecutadas ignorando las propuestas de vecinos y comerciantes de la zona y acometidas a toda prisa en vísperas de las elecciones porque si no lo hacen se pierden fondos europeos, o el anuncio de estos días de que no van a poder garantizar enterrar a los que fallezcan en estas fechas por falta de personal. Son sólo algunos ejemplos del amplio catálogo de los frutos de este gobierno municipal de coalición que me gustaría tuviese sus días contados.

Finalmente, un apunte sobre las coaliciones, incluyendo el panorama nacional. En España estamos comprobando los resultados, Podemos roto y éstos a la gresca con sus socios socialistas. Un gabinete, un consejo de ministros donde las tensiones y discrepancias son diarias y se mantendrán así hasta su ruptura unas semanas antes de las elecciones generales.

En Lugo la coalición también muestra síntomas semejantes. Las culpas de los problemas, véase el carril bici, se pasan de unos a los otros, llegando a discrepar en cómo respetar y recibir la presencia de nuestro Rey en visita a la ciudad.

Son sólo unos pequeños apuntes para que, cuando le toque decidir en quién deposita su confianza para regir los destinos de esta ciudad, no espere a la jornada de reflexión, no se limite a pensarlo en un solo día. Vaya recordando todo lo que hemos vivido durante estos últimos años y valore si le conviene una coalición de los que no son capaces de ganar individualmente, o darle la oportunidad a quien según todas las encuestas encabeza la lista que más votos recibirá.

La jornada de reflexión llegará, pero la reflexión conviene hacerla durante más tiempo. 


Reflexionar máis tempo

O que ocorre na nosa rúa, no noso barrio, na nosa cidade, na nosa provincia, na nosa terra ou na nosa nación sempre debería ser motivo dunha reflexión diaria. Non facelo conleva o risco de esquecer aquelas cousas que nos decepcionan, enfadan e, en ocasións contadas, satisfannos. Unha dinámica en que o bombardeo de noticias e acontecementos, unido ás estratexias de comunicación dalgúns gobernantes, onde un escándalo tapa ao seguinte, un disparate ao outro… busca que resulte imposible realizar un exercicio de memoria que abarque o ocorrido durante un mandato de catro anos.

Por iso o recomendable é reflexionar con frecuencia sobre as cuestións que nos agradan ou decepcionan das persoas nas que no seu día depositamos a nosa confianza para gobernar.

A miña particular reflexión abarca as condutas dos responsables políticos daquelas formacións que tamén concorren ás municipais na miña cidade, neste caso o meu partido, o Partido Popular, e o actual goberno do PSOE e o BNG. Omito as siglas daqueles aos que as previsións non outorgan representación algunha.

Á marxe das simpatías persoais que cada un poida sentir polos candidatos, non debemos esquecer a que formacións pertencen e cales son as súas ideoloxías e actos. “Polos seus froitos coñecerédelos” dinos o evanxeo.

En Lugo os seus froitos son mais ben escasos cando non verdadeiras chapuzas. Véñenme á miña particular reflexión as xestións interminables e interminadas para poñer en marcha un auditorio que custou máis de 20 millóns, as disputas internas para culpar ao socio de goberno do fracaso dun carril bici condenado a reformularse en moitos dos seus tramos, a incapacidade de poñer en funcionamento instalacións municipais vinculadas coa hostalería como a cafetería do Parque ou a prevista no vello cárcere, o sainete da temperatura das Caldas incumprindo normativas sanitarias, as obras de peonalización pouco estudadas, executadas ignorando as propostas de veciños e comerciantes da zona e acometidas a fume de carozo en vésperas das eleccións porque se non o fan pérdense fondos europeos, ou o anuncio destes días de que non van poder garantir enterrar aos que falezan nestas datas por falta de persoal. Son só algúns exemplos do amplo catálogo dos froitos deste goberno municipal de coalición que me gustaría tivese os seus días contados.

Finalmente, un apuntamento sobre as coalicións, incluíndo o panorama nacional. En España estamos a comprobar os resultados, Podemos roto e estes á gresca cos seus socios socialistas. Un gabinete, un consello de ministros onde as tensións e discrepancias son diarias e manteranse así ata a súa ruptura unhas semanas antes das eleccións xerais.

En Lugo a coalición tamén mostra síntomas semellantes. As culpas dos problemas, véxase o carril bici, pásanse duns aos outros, chegando a discrepar en como respectar e recibir a presenza do noso Rey en visita á cidade.

Son só uns pequenos apuntamentos para que, cando lle toque decidir en quen deposita a súa confianza para rexer os destinos desta cidade, non espere á xornada de reflexión, non se limite a pensalo nun só día. Vaia lembrando todo o que vivimos durante estes últimos anos e valore se lle convén unha coalición dos que non son capaces de gañar individualmente, ou darlle a oportunidade a quen segundo todas as enquisas encabeza a lista que máis votos recibirá.

A xornada de reflexión chegará, pero a reflexión convén facela durante máis tempo.