domingo, 10 de febrero de 2008

Ordenación

Este sábado asistimos en Lugo a un acontecimiento que ya ha pasado a formar parte de la historia de esta provincia. Fuimos testigo de la ceremonia de consagración de Don Alfonso Carrasco Rouco como nuevo obispo de Lugo. Monseñor Carrasco hace el número 101 de los obispos que ha tenido esta diócesis.

La ceremonia fue, como no podía ser de otra manera, protocolaria, ordenada, bien organizada y cargada de emoción.

Fuimos muchos los que acompañamos a Monseñor Carrasco en día tan especial y mi posición en los asientos del coro de nuestra catedral, me permitió ser un testigo privilegiado.

Tengo que decir que mi primera impresión es que estamos ante un hombre muy preparado, que actúa al tiempo con claridad y seguridad. Pero me quedaron grabadas en mi retina las miradas de cariño que en determinados instantes de la ceremonia, y a pesar de la distancia física, Don Alfonso intercambiaba con su madre. Una madre emocionada a la vez que entera, que encabezaba una amplia representación de familiares y amigos, para los que al final de la ceremonia el Obispo Carrasco tuvo unas hermosas palabras de recuerdo, llegando a utilizar hasta cinco idiomas.

Contrasta el desarrollo de este ceremonial, y la prudencia de todas las palabras que allí se pronunciaron, con otras pronunciadas los días previos a la consagración de nuestro obispo, por el máximo mandatario del Gobierno Gallego (¿o debería decir de uno de los dos gobiernos que tiene Galicia?).

El Presidente de la Xunta llegó a decir de la designación de Don Alfonso Carrasco Rouco y de su implicación en las relaciones entre la Iglesia y la Xunta, que el nombramiento del obispo de Lugo Carrasco "no es un buen indicador".

No sabemos en que se basó Touriño para hacer tal afirmación pero nadie duda de su inoportunidad y de su imprudencia. Si cuando él fue designado Presidente de la Xunta se le concedió el tradicional plazo de los 100 días para analizar su trabajo. ¿No merece Monseñor Carrasco un plazo de gracia antes de calificarlo de mal o buen indicador para el gobierno gallego?.

Lo que sí tengo claro es que estas afirmaciones, unidas a su ausencia en los actos de consagración de nuestro Obispo en Lugo no ayudan a mantener una buena relación entre el poder civil y el eclesiástico, más bien lo contrario, al tiempo que afirmo que un presidente de un gobierno no debe cometer este tipo de deslices, difícilmente corregibles y aún menos justificables.

Finalmente no podemos ignorar que dado el periodo electoral en el que estamos inmersos, este episodio forma parte de la estrategia lanzada desde el PSOE para asociar la imagen de la Iglesia con la del Partido Popular. Una estrategia minuciosamente calculada en términos de rentabilidad electoral. Desde mi punto de vista, debemos respetar y ser respetados, y nunca exigir a los demás lo que somos incapaces de garantizarles. Y esto es lo que pretende el gobierno socialista que preside Zapatero, imponer sus condiciones a la Iglesia sin respetar su independencia.

Volvemos a comprobar una vez más esa máxima tan frecuente en nuestro Gobierno de “si no estás conmigo es que estás contra mí”.


------------------------------------------------------------------------------------------------


Ordenación

Este sábado asistimos en Lugo a un acontecemento que xa pasou a formar parte da historia desta provincia. Fomos testemuña da cerimonia de consagración de Don Afonso Carrasco Rouco como novo bispo de Lugo. Monseñor Carrasco fai o número 101 dos bispos que tivo esta diócese.

A cerimonia foi, como non podía ser doutro xeito, protocolaria, ordenada, ben organizada e cargada de emoción.

Fomos moitos os que acompañamos a Monseñor Carrasco en día tan especial, e a miña posición nos asentos do coro da nosa Catedral, permitiume ser unha testemuña privilexiada.

Teño que dicir que a miña primeira impresión é que estamos ante un home moi preparado, que actúa ao tempo con claridade e seguridade. Pero me quedaron gravadas na miña retina as miradas de agarimo que en determinados instantes da cerimonia, e a pesar da distancia física, Don Afonso intercambiaba coa súa nai. Unha nai emocionada á vez que enteira, que encabezaba unha ampla representación de familiares e amigos, para os que ao final da cerimonia o Bispo Carrasco tivo unhas fermosas palabras de recordo, chegando a utilizar ata cinco idiomas.

Contrasta o desenvolvemento deste cerimonial, e a prudencia de todas as palabras que alí se pronunciaron, con outras pronunciadas os días previos á consagración do noso bispo, polo máximo mandatario do Goberno Galego (ou debería dicir dun dos dous gobernos que ten Galicia?).

O Presidente da Xunta chegou a dicir da designación de Don Afonso Carrasco Rouco e da súa implicación nas relacións entre a Igrexa e a Xunta, que o nomeamento do bispo de Lugo Carrasco "non é un bo indicador".

Non sabemos en que se baseou Touriño para facer tal afirmación pero ninguén dubida da súa inoportunidade e da súa imprudencia. Se cando el foi designado Presidente da Xunta concedéuselle o tradicional prazo de 100 días para analizar o seu traballo. Non merece Monseñor Carrasco un prazo de graza antes de cualificalo de mal ou bo indicador para o goberno galego?.

O que si teño claro é que estas afirmacións, unidas á súa ausencia nos actos de consagración do noso Bispo en Lugo non axudan a manter unha boa relación entre o poder civil e o eclesiástico, máis ben ao contrario, á vez que afirmo que un presidente dun goberno non debe cometer este tipo de descoidos, dificilmente correxibles e aínda menos xustificables.

Finalmente non podemos ignorar que dado o período electoral no que estamos inmersos, este episodio forma parte da estratexia lanzada desde o PSOE para asociar a imaxe da Igrexa coa do Partido Popular. Unha estratexia minuciosamente calculada en termos de rendibilidade electoral. Desde o meu punto de vista, debemos respectar e ser respectados, e nunca esixir aos demais o que somos incapaces de garantirlles. E isto é o que pretende o goberno socialista que preside Zapatero, impor as súas condicións á Igrexa sen respectar a súa independencia.

Volvemos comprobar unha vez máis esa máxima tan frecuente no noso Goberno de “se non estás comigo é que estas contra min”.