domingo, 11 de enero de 2009

Presentaciones

Una vez más, Lugo volvió a ser escenario de la puesta en escena de nuevos anuncios y nuevas promesas de inversiones y plazos sobre infraestructuras que llevan largos años demandándose por sus vecinos. Para la consecución de alguna de ellas, como el caso que nos ocupa, ya se habían dado importantes pasos hace 10 años.

Me refiero a la visita del Presidente de la Xunta de Galicia, el señor Touriño, y de todo su séquito, realizada el pasado viernes día 9 para enseñar los papeles, o si lo prefieren, el resultado de un concurso de ideas para el Auditorio.

Si el acto fuera de inauguración del propio Auditorio, la noticia sólo tendría un “pero”, y sería el retraso de la obra. Pero no, la noticia es que se vuelve a “informar” de algo que ya conocíamos a través de los medios de comunicación, ya que el pasado 13 de diciembre, es decir, hace 20 días, se publicaba el resultado del concurso de ideas convocado por la Xunta.

Hay que recordar que hace 10 años Lugo, gobernado entonces por el Partido Popular, ya tenía otro concurso de ideas, otro anteproyecto, para construir un Auditorio en el centro de la ciudad.

Hay que recordar que aquel anteproyecto tenía financiación detrás, que motivó el encargo del proyecto técnico al arquitecto ganador del concurso, el lucense Marcos Parga.

Hay que recordar claramente que desde el gobierno local presidido por Orozco y desde la Xunta de Galicia presidida por el también socialista señor Touriño, nunca se apostó por defender aquel proyecto, porque olía a PP y había que diferenciarse.

Y hay que recordar por último que transcurridos 10 años Lugo sigue sin Auditorio por la falta de gestión de sus representantes políticos de tres gobiernos y por la confrontación entre las Consellerías del PSOE y del BNG en la Xunta de Galicia.

Después de 10 años nos vuelven a vender más papel y más presentaciones. Si al menos existiese un corte de cinta todos estaríamos más contentos.


___________________________________________________________________________________________________________


Presentacións

Unha vez máis, Lugo volveu ser escenario da posta en escena de novos anuncios e novas promesas de investimentos e prazos sobre infraestruturas que levan longos anos demandándose polos seus veciños. Para a consecución dalgunha delas, como o caso que nos ocupa, xa se deron importantes pasos hai 10 anos.

Refírome á visita do Presidente da Xunta de Galicia, o señor Touriño, e de todo o seu séquito, realizada o pasado venres día 9 para ensinar os papeis, ou se o prefiren, o resultado dun concurso de ideas para o Auditorio.

Se o acto fóra de inauguración do propio Auditorio, a noticia só tería un "pero", e sería o atraso da obra. Pero non, a noticia é que se volve a "informar" de algo que xa coñeciamos a través dos medios de comunicación, xa que o pasado 13 de decembro, é dicir, hai 20 días, publicábase o resultado do concurso de ideas convocado pola Xunta.

Hai que recordar que hai 10 anos Lugo, gobernado entón polo Partido Popular, xa tiña outro concurso de ideas, outro anteproxecto, para construír un Auditorio no centro da cidade.

Hai que recordar que aquel anteproxecto tiña financiamento detrás, que motivou o encargo do proxecto técnico ao arquitecto gañador do concurso, o lucense Marcos Parga.

Hai que recordar claramente que desde o goberno local presidido por Orozco e desde a Xunta de Galicia presidida polo tamén socialista señor Touriño, nunca se apostou por defender aquel proxecto, porque cheiraba a PP e había que diferenciarse.

E hai que recordar para rematar que transcorridos 10 anos Lugo segue sen Auditorio pola falta de xestión dos seus representantes políticos de tres gobernos e pola confrontación entre as Consellerías do PSOE e do BNG na Xunta de Galicia.

Logo de 10 anos vólvennos a vender máis papel e máis presentacións. Se polo menos existise un corte de cinta todos estariamos máis contentos.